Home » Servizos » Interpretación do patrimonio e tempo libre

Interpretación do patrimonio e tempo libre

Para achegar á sociedade ao patrimonio natural e cultural dun xeito real e eficaz, é necesario dar o paso entre a sinalización e descrición dun recurso e a toma de conciencia por parte do visitante do significado do lugar visitado. Isto só se consegue a través dunha planificación detallada antes de emprender calquera actuación, e da implicación dos destinatarios da mesma.

En Trivium traballamos na aplicación destes criterios ao ámbito do tempo libre, onde promovemos cos nosos proxectos unha ocupación activa do lecer, vinculada á educación ambiental, á conservación dos espazos visitados e a unha comunicación atractiva e efectiva.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157