Inicio » Novas »

Unha luz rosa no terceiro andar

Cando menos, as ideas non están en crise. Iso é algo no que, sen dúbida, acredita a xente de A_túa, creación e produción artística. De xeito consciente e valente, autodenomínanse empresa e colectivo artístico, para non negarse a sí mesmos nin ocultarlle ao público ningunha das dúas realidades. Despois dunhas semanas nas que desde Trivium nos adicamos a difundir o evento de presentación de A_túa, este venres pasado tivo lugar en Factoría Compostela a chamada Acción Rosa, unha festa-exposición na que mostrar as súas armas, que eles resumen na chamada máquina de crear.

A máquina de crear, imaxe do colectivo e persoal recreación dun perspectógrafo -un artefacto hoxe en desuso-, fai as veces de filtro a través do que A_túa nos invita a ler o pasado e o presente do feito artístico e nos expón a súa visión contemporánea. As imaxes de Durero, Duchamp e Greenaway -outro lector dos clásicos en clave actual- planeaban pola instalación (non se lle pode chamar doutra maneira ao que vimos nas salas de terceiro andar da Factoría, a pesar de non estar montada máis aló das tres horas que durou o evento).

Sen dúbida, como elementos esenciais da imaxe que A_túa nos mostraron, están o humor, a falta de prexuízos e certa vocación didáctica para abordar un sector no que o distanciamento e a seriedade mal entendida son unha máxima.

Tamén é de agradecer o lugar escollido, que achega o ambicioso proxecto da Factoría Compostela ao modelo doutros espazos de arte multifuncionais xa consolidados -agardamos que siga así-, como é o caso do Maus Hábitos do Porto: galería de arte, si, máis tamén sala de concertos, teatro, residencia artística, centro formativo…, en dúas palabras, espazo público.

Amigos e amigas de A_túa, desexámosvos o mellor na vosa viaxe…

«« || »»

Deixa o teu comentario...

Comenta aquí abaixo, ou trackback desde a túa páxina. Tamén podes facelo suscribíndote a estes comentarios via RSS.

Por favor, non fagas publicidade nin deixes comentarios que podan faltar ao respeto.

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Podes usar Gravatar. Se aínda non tes o teu, pódelo facer en Gravatar.

trivium@triviumect.com | Preguntoiro 9 - 1E - 15704 Santiago de Compostela | 981 570 157