- Cliente: Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Xunta de Galicia
- Proxecto: Programación, xestión e desenvolvemento do programa
- Ano: 2008
-
Interpretación do patrimonio e tempo libre
Servizos relacionados:
O obxectivo principal do programa “Vive en Defensa do Monte Galego” é o de sensibilizar, educar e poñer en valor o patrimonio natural e cultural de Galicia desde o coñecemento da realidade dos nosos montes e na prevención de lumes en particular. Para achegar esta proposta á mocidade galega, a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade promove este programa, destinado aos mozos e mozas de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato, e que Trivium coordinou nas edicións do 2008 e 2009.
O programa levouse a cabo no albergue xuvenil das Sinas, en Vilanova de Arousa, onde se traballou cos participantes nun marco lúdico e de convivencia, para un coñecemento dos nosos recursos e as súas potencialidades de aproveitamento sostible, establecendo unhas boas practicas forestais e sensibilizando aos participantes ante a necesidade de prevención ao traveso dun modelo de voluntariado ambiental.
Web do programa Vive en Defensa do Monte Galego
http://www.voluntariadomontegalego.org/vive/?txt=vive&lg=gal
