www.betanzosmp3.es unha realidade tanxible
Nestes días, subimos a páxina oficial das audio guías do Concello de Betanzos. Como tiñamos previsto a web amosa a riqueza cultural, natural e histórica da totalidade do concello de Betanzos.
O enlace é: www.betanzosmp3.es
A páxina ofrece aos visitantes a oportunidade de realizar tres rutas polo concello, días polo nícleo histórico e unha máis polos arredores da cidade. O usuario pode descargalas tanto en formato zip, como en podcast e reproducilas no seu mp3 no momento de realiza-la visita ou cando o desexe. Ofrécense ademais de en galego, en castelán e en ingles.
«« Entrada anterior || Entrada seguinte »»







Deixa o teu comentario...