Servizos de Trivium
TRIVIUM ofrece unha variedade de produtos e servizos entendendo a cultura nun sentido amplo e integrador: vinculando os seus proxectos ao desenvolvemento económico dos territorios e cunha profunda sensibilidade social. TRIVIUM dispón no seu equipo humano de profesionais cualificados para a concepción, deseño e produción da totalidade destes proxectos ou actuacións puntuais de cada un deles.
Trivium_Museos e exposicións
- Deseño e montaxe de proxectos museográficos.
- Xestión e dirección de exposicións temporais e itinerantes.
- Edición de materiais didácticos para exposicións.
- Deseño de centros de interpretación.
Trivium_Xestión cultural
- Diagnósticos culturais de territorios.
- Inventario e catalogación de bens culturais.
- Análise e avaliación de centros socioculturais.
- Deseño de modelos de xestión cultural.
- Proxectos de dinamización sociocultural.
- Planificación e organización de eventos culturais.
Trivium_Servizos educativos
- Deseño e realización de actividades de interpretación e valorización do patrimonio natural e cultural.
- Formación e sensibilización en materia de patrimonio a través da xestión e desenvolvemento de programas de ocio e tempo libre.
- Visitas didácticas.
- Elaboración de materiais didácticos.
Trivium_Xestión de eventos e comunicación
- Edición de materiais de comunicación e marketing.
- Organización de encontros e congresos.
- Manuais de identidade corporativa.