Coñécenos a través das nosas seccións


Inicio: Filosofía de traballo de TRIVIUM
Equipo: Coñece ó equipo de TRIVIUM
 Servizos : Servizos que presta Trivium
Contacto: Datos para contactar con TRIVIUM

Traballos realizados por Trivium

Estudo e deseño do Roteiro da Batalla de Cacheiras

Realizado para:Concello de Teo.
Data: Febreiro-Abril de 2008

O 23 de abril de 2008 conmemorouse en Teo o 162 aniversario da Batalla de Cacheiras, na que se enfrontaron as forzas do xeneral Solís que loitaban pola defensa da causa liberal, contra as tropas do exercito nacional enviadas polo xeneral Narváez. Este levantamento tan só dous días, a pesar da súa grande repercusión posterior, e tivo como final, os tristemente coñecidos fusilamentos de Carral.

O Concello de Teo, consciente da importancia do legado histórico herdado, encárganos o deseño e sinalización do Roteiro da Batalla de Cacheiras, seguindo o percorrido que os 3000 homes de Solís fixeron desde a aldea de Ferreiros ata o cumio onde tivo lugar o enfrontamento. Os traballos levados a cabo por TRIVIUM foron: Elaboración da documentación e estudo do feito histórico, deseño do percorrido, selección dos recursos a incluír, deseño e contido de información dos elementos físicos do roteiro e sinalización mediante paneis informativos e frechas direccionais.


Realización e xestión do proxecto Vive en Defensa do Monte Galego 2008

Realizado para:Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Vicepresidencia da Xunta de Galicia.
Data: Xaneiro-Marzo de 2008

logo Vive en defensa do monte galego

O obxectivo principal do programa Vive en Defensa do Monte Galego busca sensibilizar, educar e poñer en valor o patrimonio natural e cultural de Galicia desde o coñecemento da realidade dos nosos montes e na prevención de incendios en particular. Para achegar esta proposta á mocidade galega, a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade promove desde o pasado 2007 este programa, destinado aos mozos e mozas de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato.

Cunha duración de catro días por quenda, o programa Vive en defensa do monte galego desenvolveuse nas instalacións do albergue xuvenil As Sinas, en Vilanova de Arousa, onde se traballou cos participantes a sensibilidade medioambiental nun marco lúdico de convivencia, para un coñecemento dos nosos recursos e das súas potencialidades de aproveitamento sustentable, establecendo unhas boas prácticas forestais, e sensibilizando ante a necesidade de prevención a través do modelo do voluntariado.


Coordinación do programa 125 anos de teatro galego

Realizado para: Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e IGAEM.
Data: Marzo - Decembro de 2007

125 anos de teatro galego

No ano 2007 a Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza celebra os 125 anos de teatro galego. O 13 de Agosto de 1882 estreouse no Liceo Brigantino ‘A Fonte do Xuramento’ de Francisco María de la Iglesia, o primeiro texto teatral en galego do que temos noticia da súa estrea. Con tal motivo desenvolveronse unha serie de programas conmemorativos de celebración coma a produción e itinerancia da exposición "125 anos de teatro galego: un país desde ás taboas" comisariada por Carlos Biscainho, unha campaña publicitaria do programa e unha xira especial de 125 espectáculos que percorreu todo o país nos meses de verán. TRIVIUM levou a cabo tarefas de planificación, coordinación, seguimento e avaliación do programa.




Musealización da aldea de Congostro (Rairiz de Veiga)

Realizado para: Dirección Xeral de Turismo. Xunta de Galicia
Data: Decembro 2006-Maio 2007

O pobo de Congostro, nas terras da Limia, alberga un enorme patrimonio etnográfico e arquitectónico. Xunto á recuperación de varias construcións, a creación da Ruta Etnográfica de Congostro vén a poñer en valor os elementos máis destacados, os oficios artesáns e a singularidade das súas airas rodeadas de canastros.

A forxa de Congostro

A actuación realizada por Trivium inclúe a rehabilitación dos espazos, a sinalización dos recursos destacados e a conceptualización e elaboración do plan expositivo: deseño de contidos, paneis informativos e audiovisuais.


Estudo e deseño do roteiro histórico de Corcubión

Realizado para: Plan de Dinamización Turística Costa da Morte - Concello de Corcubión
Data: Outubro - Decembro 2006

O encargo que se nos fixo consiste na creación dun novo produto de turismo cultural, un roteiro que percorra os elementos máis destacados da vila de Corcubión, declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1984, asi como a organización da visita.

Vista da vila de Corcubión

O traballo parte das seguintes obxectivos:
- Inventariar e poñer en valor os monumentos máis importantes do conxunto histórico e artístico da vila de Corcubión.
- Sinalizar mediante dispositivos físicos direccionais e indicativos os recursos de maior interese turístico da vila.
- Editar información impresa que axude ao visitante na realización do percorrido, ofrecéndolle unha información máis completa da que pode encontrar nos sinais.


Deseño e produción de audio guías para Betanzos: www.betanzosmp3.es

Realizado para: Concello de Betanzos
Data: Xuño - Agosto de 2006

TRIVIUM leva traballando arreo dende primeiros de ano na comercialización das audio guías para percorrer territorios, un novo sistema de base tecnolóxica que descubre os lugares de interese turístico máis importantes dun territorio aos visitantes.
Betanzos en mp3
O produto consiste na creación dunha nova páxina web na que se ofrece información aos internautas mediante roteiros. A información encontrase locutada por actores e animada con música especificamente composta segundo a natureza do recurso a visitar. Encontrase dispoñible en formato ZIP ou PODCAST, e en tres idiomas, galego, castellano e inglés.


Desenvolvemento do guión expositivo e proxecto museolóxico para o Centro de Interpretación da vida monástica de San Pedro de Rocas

Realizado para: Dirección Xeral de Turismo. Xunta de Galicia
Data: Xullo - Setembro 2005

San Pedro de Rocas é a igrexa rupestre (escavada na rocha da montaña) máis antiga de Galicia, datándose frecuentemente a súa cronoloxía no S.VI, e se sitúa no concello de Esgos, a uns 17 kilómetros de Ourense, en plena Ribeira Sacra.

Mosterio de San Pedro de Rocas

Anexa á igrexa, encóntrase a antiga Casa Prioral, espazo no que ten lugar a nosa intervención. O noso plantexamento básico diferenciu dos espazos:

      1.- A recepción: deseñada como lugar de acollida, atención e información ao visitante. A idea principal a comunicar é que este Centro de Interpretación vencéllase a un proxecto maior: Ribeira Sacra.
      2.- A exposición: deseñada arredor de tres salas. A primeira sobre os mosteiros da Ribeira Sacra; a segunda sobre a vida monástica; a terceira sobre a historia e a conformación do propio mosteiro de San Pedro de Rocas.


Exposicións Itinerantes 2005. Jazz: diálogo entre culturas

Realizado para: Diputación de A Coruña
Data: Maio 2005 - Maio 2006

Cartel da exposición Jazz Diólogo entre Culturas

En Febreiro de 2005 publicáronse os Pregos Técnicos para a Contratación dos servizos de organización e coordinación dunha serie de exposicións, de dez itinerancias cada unha delas, que se realizarán nos distintos concellos da provincia.

TRIVIUM estratexias en cultura e turismo presentou tres exposicións distintas atendendo a clasificación establecida nos Pliegos Técnicos: A primeira dedicada ó Coñecemento dos nosos antepasados. A segunda sobre O Grabado. E a terceira relacionada co Aprendizaxe da música. Esta última resultou gañadora da súa categoría. A proposta de exposición de TRIVIUM titúlase Jazz: diálogo entre culturas.


Estudo de señalización turística integral para A Costa da Morte

Realizado para: Plan de Dinamización Turística Costa da Morte
Data: Xaneiro - Maio 2005

Sinais

A nosa proposta baséase na conxunción do coñecemento do territorio de A Costa da Morte e o seu sistema actual de señalización de recursos turísticos por un lado, e o coñecemento doutros sistemas señaléticos que se consideraron referentes no ámbito nacional e internacional.

Ata o de agora os elementos informativos constituíntes do sistema señalético de A Costa da Morte viñéronse distribuíndo a remolque do propio desenrolo do fenómeno turístico no territorio. Esta e outras razóns como a superposición administrativa, o deterioro, a falta de consistencia entre a información e a realidade, etc. xustificaron enteramente a necesidade dun estudo, cuio obxetivo prioritario era determinar as necesidades reais do sistema actual de sinalización turística no territorio.

Ademáis desta tarea a proposta de TRIVIUM estratexias en cultura e turismo baseándose no doble entendemento da sinalización como:

      Unha maneira de transmitir "Imaxen de destino".
      Unha ferramenta para canalizar os fluxos turísticos.